Himno de SAL Letra de SAL

I. Cercanía, xestión responsable e eficaz para un novo Sanxenxo

Sanxenxo Agrupación Liberal ten moi claro cál será o seu modelo de xestión para o futuro de Sanxenxo. O noso concello necesita responsabilidade e credibilidade política para facer realidade as demandas e necesidades veciñais.
E consideramos esencial que ese novo modelo de xestión, comece por nós mesmos. É por iso polo que, no marco da organización do concello, nos comprometemos a:

  • Reducción como mínimo dun 30% nos soldos da corporación local.
  • Cercanía, accesibilidade e atención sin dilacións os veciños por parte do Alcalde ou de calquera dos membros do goberno local.
  • Páxina web do concello operativa: trámites por internet, solicitudes, información sobre ordenanzas, PXOM, publicidade de tódalas obras que se pretendan facer no termo municipal, orden do día dos plenos, actas dos mesmos, ofertas de emprego, axenda cultural actualizada. A transparencia ten valor si hai contido.
  • Reorganización do persoal do Concello de Sanxenxo co fin de identificalo correctamente e facelo máis próximo ó cidadán. Dinamizar as relacións laborais dos traballadores do concello para facer máis eficientes a súa labor.
  • Renegociación de alugueres de locais da administración local.
  • Centralización do parque móbil e servizos do Concello: policía local, bombeiros, protección civil, maquinaria municipal,..
  • Habilitación de máis zonas WI-FI gratis en todo o municipio e mellora das existentes.

Sanxenxo Agrupación Liberal aposta pola confianza. Unha confianza encamiñada a recuperar o sentido común que tanto botamos en falta. Necesitamos de propostas serias e responsables, propostas que respondan as necesidades reais e demandadas desde fai moito tempo, de xestións mal resoltas ou simplemente sen resolver.

Por iso, SAL está formado por xente que coñece o día a día no Concello, nos colexios, nos institutos, nas asociacións culturais e deportivas, nas empresas, nas familias, nos camiños e rúas deste municipio. Nos gobernaremos dende cada parroquia, non dende Madrid, nin Santiago, nin Pontevedra. Gobernaremos dende Sanxenxo, que é donde vivimos, donde estamos e donde, por desgracia, só algúns traballamos. Madrid, Santiago e Pontevedra que nos manden todo aquelo que nos prometen cada catro anos. Con eso xa chega e iso é o que lle imos esixir.

II. Emprego; a nosa prioridade para todos

O emprego no Concello de Sanxenxo constitúe un dos pilares básicos da nosa política social. Sanxenxo necesita crear traballo digno e estable e así superar a periodicidade laboral no noso municipio. O programa de emprego de SAL COMPRENDE:

  • A xestión como máxima prioridade da posta en marcha do Parque Empresarial de Nantes para a súa recepción o antes posible.
  • Destinaremos dentro dos 40.000 m2 de titularidade municipal, unha parte á construción dun “viveiro de empresas” con naves de entre 400 e 800 m2 para alugueres a pemes, e novos emprendedores autónomos facilitándolle un aluguer asequible ó fin de que o seu negocio funcione.
    Poremos en marcha a figura de “administración centralizada” para que todos estes emprendedores e empresas poidan contar cunha secretaría común, ó fin de recortar custos financeiros e facer máis rentables e competitivos os seus negocios.
  • Facilitaremos a apertura do comercio local axilizando as licenzas e permisos e posibilitando os aprazamentos de pago das taxas municipais correspondentes.
  • Crearemos bolsas de traballo nas cales facilitaremos formación ós desempregados para orientalos cara posibles sectores empresariais, intermediando coas empresas coa finalidade de facer prácticas nas mesmas.
  • Xestionaremos ante as administracións a inclusión de obradoiros de emprego para rehabilitacións do noso patrimonio.

III. Cultura e deporte como eixe central da nosa comunidade

Sanxenxo Agrupación Liberal considera esencial a cultura e o deporte na vida dos veciños de Sanxenxo, para nós e un elemento esencial da nosa sociedade, un factor de saúde individual e colectiva de moita importancia. A través do deporte e da cultura fortalecemos o contacto coa familia, co noso entorno físico e social, permite desenvolver habilidades e amplía os lazos sociais, representa e recrea as normas, os valores, comportamentos e actitudes que nos preparan para asumir a vida en xeral. O obxectivo é lograr unha “cultura da cultura” no noso concello, dinamizada, e promover a súa integración e implicación por parte de todos. “A cultura é o que nos fai diferentes”. Por iso baixo o lema “SAL E MÓVETE” Sanxenxo Agrupación Liberal pretende:

  • Máxima colaboración con asociacións, clubes e demais institucións culturais e deportivas, así como posta a disposición dos medios dos que dispón o Concello para a celebración das súas actividades e eventos.
  • Bonificación dun 50% da cota mensual por asistencia a cursos na piscina municipal de Sanxenxo para menores de 12 anos cuxo núcleo familiar teña uns ingresos que non superen os 24.000 ó ano.
  • Reorientar Terra Sanxenxo, para que se encargue efectivamente de administrar os locais, instalacións deportivas e culturais así como o seu uso polas distintas asociacións e mais equipos do municipio, apoiando eventos tanto locais coma nacionais e internacionais. Iniciativas, festas tradicionais, exposicións, obradoiros de artesanía... En cada iniciativa saberase de antemán con quen tratar e os pasos que se deben dar.
  • Adecuado mantemento de pistas, xardíns, espazos públicos, pavillóns e pistas polideportivas de forma periódica e con un equipo específico de persoal durante todo o ano e por tódalas parroquias sen distincións.
  • Xestionaremos a creación de una sala polivalente para completar as instalación da piscina municipal na que se poidan desenrolar múltiples actividades deportivas (aerobic, pilates, zumba,…)
  • Buscaremos unha solución de localización para o Club de piragüismo e mentres non teña localización definitiva acondicionarase a sede actual dotándoo dos servizos mínimos.
  • Xestionaremos a implantación dun circuito de motocross e mountainbike.
  • Xestionaremos a subscripción dun convenio coa Rede Galega de Teatro e Auditorios para a volta ó teatro no noso Concello no Edificio Emilia Pardo Bazán, así como a subscripción dun convenio con Servinova para establecer una guía de: espectáculos, exposicións, concertos… tamén no Emilia Pardo Bazán.
  • Actualización periódica e constante da axenda cultural do Concello na súa páxina web.

IV. Urbanismo, vivenda e servizos sociais

  • URBANISMO E INFRAESTRUCTURAS
    • Actualización do PXOM e adaptación do mesmo á lexislación e situación actuais.
    • Claridade e celeridade nas solicitudes e concesións de licenzas. Dende o inicio do procedimento calquera persoa saberá con certeza toda a documentación que ten que presentar para lograr o bo fin do trámite que pretende solicitar.
    • Reorganización do departamento de urbanismo en base a criterios de información precisa, eficacia e seguridade xurídica.
    • Reorganización da seguridade vial do concello en puntos estratéxicos e perigosos para los condutores e viandantes (Ex. Paso de las Salinas de Noalla, Cruce de la Vichona, acceso al tanatorio a través de paso de peóns….)
    • Apertura dunha nova Rúa paralela a Rúa Progreso
    • Humanización das principais entradas ó núcleo urbán, Avenida de León e Rúa do Vento.
  • VIVENDA
    • Xestionaremos a bolsa de vivendas que actualmente teñen os bancos e o SAREB na súa carteira dentro do término municipal a fin de que os veciños poidan vivir en Sanxenxo a prezos dignos.
    • Subscrición de convenios con cesión de terreos municipais para que a Xunta promova vivendas de protección oficial tanto en venda como en aluguer.
  • SERVIZOS SOCIAIS
    • Programa de mantemento integral dos colexios do municipio con revisións sistemáticas o rematar o curso escolar.
    • Facilitaremos máis apoio a persoas e familias con dificultades e con risco de exclusión social e económica.
    • Elaboraremos un plan de incentivo cultural e deportivo os nosos maiores; prestacións, estancias en balnearios…
    • Poremos en marcha plans didácticos para nenos e adolescentes; hábitos saudables, información e prevención dos riscos nas redes sociais, plan de educación sexual…
    • Colaboración absoluta con ANPAS e asociacións.
    • Plena integración das persoas discapacitadas a vida social do municipio.
    • Dinamizar A Telleira como centro cultural para eventos e exposicións.
    • Paralización inmediata do procedemento de desahucio do local social de Vilalonga, mentres se chega a unha solución definitiva.
    • Xestionar a rehabilitación dos edificios dos antigos colexios da Revolta e do Casal para súa dedicación como centro social.

V. Fomento do turismo; Sanxenxo como referente turístico

Sanxenxo Agrupación liberal sostén que Sanxenxo ten que ser un referente turístico a todos os niveis. Sanxenxo ten un potencial enorme que debe ser explotado con responsabilidade e rigorosidade. Diferenciámonos de moitos concellos pola nosa riqueza paisaxística. Dotémola de bos servizos, actividades e eventos de calidade para que moita máis xente se sinta atraído por visitar esta nosa xoia da natureza e as súas xentes. Por iso, SAL FARÁ:

  • Promoción de eventos e actividades de calidade durante todo o ano, en especial, fora da temporada estival, logrando atraer a visitantes mais alá da tempada veraniega: concertos, competicións deportivas, certamens culturais, promocións e todo tipo de actividades lúdicas para veciños e turistas.
  • Establecemento de datas fixas para a incorporación dos servizos de praias e de socorristas, como mínimo dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro.
  • Proposta de reordenación da zona portuaria de Portonovo para lograr un espazo aberto de esparcemento.
  • Mellora dos servizos e accesos de todas as praias do Concello (Ex: Nanín, Caneliñas,...)
  • Elaboración de vídeos publicitarios de calidade e promoveraos a nivel nacional e internacional a través de todos os medios posibles.
  • Potenciación del valor as zonas rurais de Sanxenxo. Todas as parroquias teñen a súa importancia neste valor paisaxístico, etnográfico e cultural.
  • Mellorará os puntos de información turísticas para máis reclamo de atención ó publico.

VI. Aposta polo medio rural, respeto polo medio ambiente, compromiso e sostenibilidade

Sanxenxo Agrupación Liberal tamén aposta pola importancia do medio rural en Sanxenxo. Son moitos os veciños de parroquias de Sanxenxo adicados a actividades intimamente relacionadas co medio rural (sector agrícola e gandeiro e sector forestal) o cal permite e conduce o medio e forma de vida. Por iso SAL é moi consciente das dificultades que padecen no seu día a día. Por iso, SAL contará con:

  • A mellora e o aumento da limpeza nos camiños, viais e pistas forestais de todas as parroquias do concello.
  • Xestión para a recuperación das sendas e rutas dos muíños de Bordóns e Dorrón, mámoas de Nantes e demais patrimonio do Concello.
  • Políticas de incorporación e acercamento da xuventude ó mundo rural en Galicia (o relevo xeracional non está garantido), xunto coa modernización de explotacións, a formación e a innovación.
  • Xestión para a posta en valor dos castros de Nantes e Dorrón.
  • Tratar de completar a rede de saneamento en todas as parroquias, para dotar de alcantarillado a todas as vivendas do municipio (Nantes, Bordóns,..)
  • Concesión de subvencións ó rural de Sanxenxo en canto a equipamentos, saneamento e posta en valor de espazos naturais e de lecer.
  • Posta en marcha dun Plan Enerxético municipal que potencie o uso das enerxías renovables, o aforro e a eficiencia enerxética. Tamén, aumentará os colectores de papel, vidro e envases lixeiros.

VII. O noso obxectivo é lograr un mellor Sanxenxo para todos

Durante todos este anos se lle prometeron moitas cousas ós veciños de Sanxenxo que non se chegaron a cumprir. Nin que o noso Concello tivese o mesmo cor político ca Diputación Provincial, ca Presidencia da Xunta de Galicia e ca Presidencia do Goberno, nin que tiveramos dous Diputados de Sanxenxo no Congreso Nacional foi suficiente para lograr a realización dos proxectos prometidos.
Por eso, dende SAL, nos comprometemos a ESIXIR das diferentes administración o efectivo cumprimento do prometido. Neste sentido, nos volcaremonos en xestionar para lograr a consecución dos seguintes proxectos, tanto ante a XUNTA DE GALICIA como ante a DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA:

  • Fixación de datas de inicio inmediato e remate das obras do novo colexio de Vilalonga.
  • Mellora e acondicionamiento do Colexio da Florida (proxección dun camiño escolar, espazo para autobuses,...), do Colexio de Dorrón (mellora de accesos e do seu aparcamento,...) e do Colexio de Noalla (regulación do tráfica nas inmediacións do Colexio nas horas de entrada e saída dos alumnos, mellora das instalacións,..)
  • Xestionaremos a dotación dun pavillón cuberto para os alumnos do Colexio de Nantes.
  • Remate da obra de Magaláns.
  • Consecución do proxecto de urbanización da PO-308 con calendario de actuacións. Asemade plan de seguridade vial razoable para a PO-504 (Sanxenxo-Vilalonga) con beirarrúas máis amplas e recolocación segura das sinais de tráfico e das farolas.
  • Dotación de obradoiros de emprego co fin de por en valor o patrimonio etnográfico do municipio (fontes, lavadoiros, muiños, cruceiros…)
  • Asfaltado urxente, novo sinalización e adaptación a minusválidos das beirarrúas da Rúa Progreso, en Sanxenxo.
  • Para a rehabilitación urxente da estructura tanto do Pazo de Quintáns en Noalla, como da Casa do Priorato en Arra.
  • Para a urbanización en superficie da Avenida Rocafort en Sanxenxo sempre seguindo a nosa premisa de diálogo cos veciños afectados.
  • Para a revisión dos viais da Deputación no Concello en canto a recollida de augas pluviais e acceso a propiedades.
  • Recepción de lugares de uso público para que pasen a ser de titularidad pública (Ex: plaza pública de Vilalonga, campo de fútbol de Dorrón,...)
  • Xestionar a construcción dun novo local para a Asociación de Veciños e Comisión de Festas naquelas parroquias con máis necesidade (Ex: Gondar, Bordones)
  • Xestión da dotación de beirarrúas en Noalla.
  • Mellora no servizo de transporte no tramo de Portonovo-Sanxenxo.
  • Busca da solución definitiva á ubicación da Praza de Abastos de Sanxenxo.