Himno de SAL Letra de SAL

Sanxenxo Agrupación Liberal 2015
Sanxenxo Agrupación Liberal 2015
Sanxenxo Agrupación Liberal 2015

Presentación de Sanxenxo Agrupación Liberal

Galego Español

Sanxenxo Agrupación Liberal está formado por un grupo de persoas que se uniron de forma democrática para dar voz e representación a todos aqueles veciños e veciñas do concello de Sanxenxo que consideran que existe unha forma mellor de facer as cousas dende a administración local.

O proxecto no que cremos e defendemos está baseado en antepoñer a credibilidade das persoas por enriba das siglas partidistas e de propoñer ideas e programas reais axustados ao momento económico que nos toca vivir en cada momento. A nosa convicción é recuperar a confianza de moitos veciños que deixaron de facelo na clase política tras as promesas incumpridas e sendo distante a relación do veciño cos gobernantes.

Non en van estamos nesta traxectoria paciente como oposición de demostrar ao conxunto dos veciños que a nosa vocación política non está relacionada con intereses particulares, senón con inquietudes que a sociedade demanda como son: a falta de traballo, a falta de transparencia e a boa utilización dos recursos.

As persoas que formamos esta Agrupación Liberal pretendemos ser reais e leais ao conxunto dos veciños e non queremos vender fume así como fixérono outros partidos no pasado, senón que estamos convencidos e preparados para que a boa xestión sexa a folla de ruta a seguir para que os veciños e as xeracións vindeiras poidan seguir gozando do sistema de benestar.

Queremos espertar e recuperar paso a paso e con fundamento a confianza na clase política local, algo que con razón a sociedade cada vez máis deixou de facer e isto se... consegue sen enganos, con seriedade e responsabilidade.

Sabemos que calquera persoa cabal e con sentido común se sentirá identificado con as nosas ideas, sexa da ideoloxía que sexa, antepoñendo o interese xeral por enriba de todo, sendo xa unha realidade o fantástico resultado electoral do pasado 22 de maio de 2011. Agradecemos esta tremenda confianza depositada na nosa agrupación e non defraudaremos nin enganaremos a ninguén, revalidando así as máis de 1600 persoas que xa confiaron na nosa curta pero crible vida política.

Este reto é o noso gran legado político para as persoas que formamos SAL, aprenderemos dos erros, propios e alleos e evolucionaremos pero sempre teremos presentes os valores que nos fixeron chegar ata aquí que non son outros que a honradez, a sinceridade, o traballo e a lealdade ao noso electorado.

Gonzalo Gonzalo Pita